luns, 4 de xaneiro de 2021

3, 2, 1... Comezamos!

 Queridos alumn@s e familias,

Vai xa case para catro meses que comezamos esta nova aventura xuntos. 

Está claro que o tempo pasa voando cando se está en boa compañía e máis aínda se un disfruta co que se fai.

Este blogue nace coa intención de ser un punto de encontro máis entre nós e no que iremos documentando esta andaina, para que poidades vernos a través desta xanela.

Este curso nos toca vivir dun xeito diferente ao que estabamos acostumados, pero non imos deixar que esas dificultades sexan un obstáculo na procura do noso soño, na procura das nosas aprendizaxes.

Nas entradas que atoparedes a continuación, poderedes disfrutar dun resumo do que foi este primeiro trimestre.

3, 2, 1... Comezamos!



Un novo comezo! Setembro

Levabamos moito tempo agardando esta volta ao cole. 

Entre os nosos desexos estaba, sobre todo, o de voltar a xogar e compartir cos compañeir@s. Dúas compañeiras novas desexaban coñecer ao seu novo grupo...

Non será doado desta volta, pero atoparemos novas formas de relacionarnos. 

Non perderemos o sorriso aínda que agora vaia baixo unha máscara, que só retiramos para merendar.

Por certo, que ben o facedes!

Somos imparables!

 Despois duns primeiros días de toma de contacto, de contármonos todas as aventuras vividas durante todo este tempo sen vernos. De retomar o traballo de normas, rutinas,... 

Toca continuar e nós xa pasamos da primeira centena. Cara adiante, cara atrás, en series, compoñer, descompoñer, comparar, ordenar. 

Proba conseguida!



Día das Bibliotecas Escolares, 24/10

Xa no mes de outubro coma cada ano, festexouse o "Día das Bibliotecas Escolares". 

Na "Escola de Cazavirus" sabemos que ler, non só e importantísimo, senón que ademáis estamos descubrindo que ler nos leva de viaxe aos lugares máis impresionantes, a outras épocas da historia, a mundos de fantasía, a investigar sobre ciencia, a vivir aventuras...

Nós quixemos conmemorar esta data, con fotos, dalgunhas das nosas visitas á biblioteca do cole

"Os esqueletos divertidos"

Con motivo da celebración do Samaín, no cole, fixemos unha representación, con teatro de sombras, dun fragmento do libro "Os esqueletos divertidos", no que participaron todas as clases.

A "Escola de Cazavirus" tiña unha misión: preparar e facer a representación, dun fragmento deste conto. Tras ver o videoconto na clase, puxémonos mans á obra. 

Calcamos os personaxes, recortamos e montamos algunhas pezas do decorado que usaremos. 

Practicamos o noso guión, voces e representación con marionetas e grabamos.

O resultado final do noso anaco, a continuación. Dentro video!


Samaín e Magosto no Alexandre Bóveda!

Que ganas tiñamos de disfrazarnos e dunha boa festa.

Un día terroríficamente divertido, acompañado dunhas deliciosas castañas que nos asaron mamás da ANPA. Grazas!

Estabamos guap@s que metiamos medo.

Matemátic@s en acción!

Non hai suma con levadas que se nos resista.

Non deixades de sorprenderme.



Criaturas silenciosas...

Estes pequechos chegaron á nosa clase cun propósito, axudarnos a manter o silencio. 

Son criaturas que na presenza de ruido, se incomodan, pero que se estamos tranquil@s e caladiñ@s, síntense moi a gusto na nosa mesa, observando como traballamos concentrados.

Decidimos adoptalos e sucedeu algo moi curioso, nos ratos libres que nos ían quedando tras as tarefas, os nosos Cazavirus foron creando pequenos mundos. Verdadeira arquitectura en papel, deixando voar a súa imaxinación: habitacións, casas, campamentos, parques de atraccións, restaurantes, comida..., ata lles escriben contos.

As criaturas silenciosas síntense tan a a gusto, que esqueceron o seu propósito. Afixéronse a que os nosos Cazavirus, ás veces, precisan facer ruído, e iso non é nada malo.


Obradoiro de Xabóns Artesanais

Fixéronnos unha estupenda proposta de centro, na que participamos todas as clases de infantil e primaria.

Na Escola de Cazavirus disfrutamos moito da ciencia e pasamos unha estupenda mañá, elaborando os nosos xabóns. Observando e tomando nota de todo o proceso. 

Fixemos, á man, unhas preciosas etiquetas con información sobre os nosos xabóns e un paquetiño ben xeitoso. Mirade, mirade!

Sabor a normalidade da boa.

Seguimos amosando. que os nenos e nenas estamos feitos dun material especial, que fai que nos adaptemos, coma poucos, ás circunstancias.

Pero, como presta sacar a máscara para merendar e saborear esa normalidade que tanto botamos en falta. Aínda que só sexa, o anaco que nos dura a froita ou o bocata.

Ver esos sorrisos, non ten prezo!



Mes da Ciencia en Galego, novembro

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego, nós aproveitamos para facer algo que nos encanta: ir ao laboratorio a facer ciencia.

Tras o obradoiro de xabóns, decidimos experimentar coa electricidade estática. Como podemos producila e que efecto produce esta, sobre algúns materiais. 

O experimento estrela do mes, foi o das mesturas, no que utilizamos diferentes substancias e, tras mesturalas, observamos que algunhas son incapaces de permanecer xuntas, por máis que o intentemos.

Día Internacional d@ Nen@, 20/11

Comezamos o día visionando un pequeno documental, sobre os difíciles e perigosos camiños que recorren nenos e nenas, de diferentes lugares do mundo, para chegar á escola. Falamos e reflexionamos sobre esa situación. 

Vimos fotografías de nenos e nenas refuxiados de guerra, que viven en campamentos, e conversamos sobre todas as necesidades ás que non teñen acceso e os dereitos dos que nós disfrutamos, en comparación con eles/as.

Fixemos un minilibro onde se recollían varios deses dereitos.

Participamos na proposta de centro, elaborando cada un o seu heroe ou heroína, personalizados para colgar no mural da entrada ao cole. O conxunto quedou espectacular!








Carta aos Reis

 Queridos Reis Magos,


Desexámosvos un bo Nadal e un moi feliz 2021!